Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O humorista J.J. Vaquero abre o ciclo de monólogos “Humor na súa tinta”

RR_Noticias

O cómico vallisoletano será o encargado de abrir a segunda edición deste ciclo de monólogos que organiza a Concellería de Cultura. Durante os vindeiros meses pasarán polo Multiúsos da Xunqueira os humoristas Pepo Suevos, Carlos Blanco, Carmen Méndez e Oswaldo Digón. As entradas custan 7 euros, agás a do vindeiro domingo que ten un prezo de dez euros.

Jose Juan Vaquero é o cómico encargado de inaugurar este ciclo cunha actuación que terá lugar os domingo 13 ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira. Guionista e colaborador de El Hormiguero,  o seu humor rudo e directo deuse a coñecer ao gran público grazas a programas televisivos como el Club de la comedia. As entradas a un prezo de 10 euros pódense adquirir na entrada do multiúsos. Xa nos vindeiros meses pasarán tamén polo escenario Pepo Suevo o 10 de febreiro,  Carlos Blanco o 24 de marzo, Carmen Méndez o 14 de abril e pechará o ciclo Oswaldo Digón o 5 de maio. A entrada para estas funcións será de 7 euros.  

Monólogo de JJ Vaquero
O humorista deuse a coñecer en programa como El CLub de la Comedia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará