Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Casa da Cultura acolle dúas charlas en torno á figura de Castelao

RR_Noticias

O ensaísta Miguen Anxo Seixas e o historiador Carlos López Bernárdez serán os encargados de analizar a figura do pai do nacionalismo galego,afondando nas súas múltiples facetas como narrador, dramaturgo, debuxante e político. Unhas xornadas que se desenvolverán os xoves 17 e 24 organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística.

O obxectivo das charlas é contribuír á difusión de Castelao aproveitando ademais que neste intres concorren en Galicia dous feitos salientable como é a exposición da obra “Castelao maxistral” na Cidade da Cultura e “Alba de Gloria”, exposta no San Domingos de Bonaval Por esta razón organízanse dúas conferencias.  A primeira, o día 17 de xaneiro na Casa da Cultura ás 19:30, a cargo de Miguel Anxo Seixas. Este ensaísta presentou o pasado ano a súa tese de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela dedicada á conformar a biografía máis completa e detallada do rianxeiro. En breves datas sairá da Editorial Galaxia un volume que resume esta monumental investigación froito de varios anos de traballo. A segunda conferencia, o día 24 de xaneiro tamén na Casa da Cultura ás 19:30, a cargo de Carlos López Bernárdez. Unha das pólas da súa investigación centrouse na pintura galega. É autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia e foi comisario de numerosas exposicións de arte galega. Ademais destas conferencias tamén se colocará en vindeiros días unha mesa vitrina nas instalacións municipais que mostran o libro Cousas da vida de Castelao, os seus debuxos humorísticos e retranqueiros.  

Xurxo Martínez Normalización Lingüística
Dúas charlas en torno a Castelao

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará