Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alcalde de Pazos anuncia medidas xurídicas ante o “acordo ilegal” sobre o polígono de Amoedo

RR_Noticias

O conflito sobre o polígono de Amoedo está lonxe de se resolver. Logo de que a aposición aprobase en pleno un convenio entre Concello e a Comunidade de Montes que permitiría as comuneiros recuperar a xestión das empresas alí asentadas logo de que un xulgado certificase que son os titulares dos terreos, o alcalde anuncia medidas xurídicas contas “os edís que impulsaron este acordo ilegal”. Denuncia Andrés Iglesias que a oposición aprobou o acordo “malia o informe negativo da intervención e o informe desfavorable da Deputación” e os acusa de respaldar unha convenio que vai en contra dos intereses dos veciños.

O conflito sobre o polígono de Amoedo parece que aínda está lonxe de atopar solución. Tras o pleno extraordinario celebrado o luns e no que os grupos da oposición aprobaron impulsar o preacordo alcanzado coa comunidade de montes de Amoedo, o alcalde de Pazos de Borbén anuncia medidas legais contra estes edís “por impulsar acordos contrarios ao interese dos seus veciños e do patrimonio público”.
Explican dende a alcaldía de Pazos que o informe de intervención é contundente ao advertir que “a sentenza deixa claro que ata que a comunidade de montes non pague a indemnización, ese terreo é responsabilidade municipal, cos gastos e ingresos que ocasiona”.
Desta maneira, durante o pleno, os propios grupos da oposición retiraron varios puntos recolleitos no acordo atendendo aos duros informes negativos procedentes da intervención municipal e a deputación de Pontevedra. Con todo, ao entender de Andrés Iglesias o acordo aprobado “segue sendo un atentado contra as arcas municipais”.
“Con este acordo, a oposición quere que renunciemos aos ingresos que o polígono xera e darllos á comunidade de montes para que poidan pagar a débeda que teñen co Concello, co diñeiro que o xuíz dixo que é do Concello, co diñeiro de todos os veciños de Pazos de Borbén. Iso é ilegal e non o imos a permitir” explicou Igresias. 
Segundo indicou o alcalde, o proceso legal continuará agora coa revisión do acordo plenario por parte de diversos organismos. “Temos que esperar para ver se a Xunta, o Estado ou o tribunal de contas actúan de oficio e revogan o acordo. Se non o fan, farémolo nós e se é necesario volver aos tribunais para defender os intereses de todos os veciños, farémolo”.
Conclúe o alcalde lembrando á directiva da comunidade de montes que o que ten que facer é cumprir a sentenza, que é moi clara e concisa, ou propor algún acordo legal que non prexudique aos veciños”.
Con todo, o presidente desta comunidade, Miguel Míguez, asegura que os intentos por negociar unha saída que beneficiase a ambas as dúas partes nunca foron quen de chegar a un acordo ante as reiteradas negativas do concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará