Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Chapela esixen medidas para evitar máis accidentes na parroquia

RR_Noticias

O accidente acontecido esta fin de semana no cruce do camiño do Penisal co camiño do Subido ven engadirse a unha longa listaxe de sinistros que xa levaron a Asociación de Veciños a presentar varias reclamacións ante o concello. Demandan medidas encamiñadas a arranxar o mal estado do pavimento e que se proceda a limpeza e sinalización dos camiños para minimizar o risco de accidentes.

O último dos accidentes dos que ten constancia a asociación producíase o pasado día 21 cando unha furgoneta que baixaba polo camiño do Penisal patinou e golpeou violentamente contra o muro, sen que afortunadamente se tiveran producido vítimas. Un sinistro no que foi necesaria a intervención da Policía local, unha grúa e os bombeiros que procederon a retirar o vehículo.
Un suceso que se ven engadir a unha longa listaxe de accidentes nos Camiños do Penisal, do Subido e das Ánimas, na parroquia de Chapela e que xa levaron a súa Asociación de veciños a presentar varias reclamación polo mal estado do pavimento, sen adherencia e moi esvaradío “que se agrava cando chove o que, sumado a gran pendente, contribúe a que se produzan continuos accidentes que sofren tanto viandantes como vehículos”.
Apuntan tamén que os coches que estacionan no camiño, xa moi estreito para ser de dobre sentido, orixina “un caos circulatorio e de seguridade que se ve incrementando pola invasión da maleza, a falta de beirarrúas e a súa axeitada sinalización”.
Uns camiños que son moi empregados polo veciños para comunicarse entra a Avenida de Redondela e a Avenida de Vigo “polo que cremos que é moi urxente darlle solución a estes problemas” e así llo trasladaron ao goberno local reclamando que se arranxe o pavimento e se proceda a urxente limpeza e/ou reparación das canalizacións obstruídas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará