Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club Bolboreta e Manolo “Casa Paco” entre os galardoados na II Gala do Deporte

RR_Noticias

O pavillón da Marisma acolle este venres 28 ás 20:00 horas a segunda edición da gala do deporte, unha iniciativa que busca premiar a aqueles deportistas, entidades ou clubs que destacasen pola súa contribución e promoción do deporte na localidade. Os nove seleccionados nesta ocasión son os deportistas Eloy Krook, Melania Sanjorge, Fran Somoza, Miguel Rodríguez e Alba Fernández. Recoñécese tamén ao adestrador Fran Teixeira e a Manolo Conde fundador do Grupo Casa paco 81. Unha gala na que se premiará tamén ao Club de patinaxe Bolboreta e a Rodavigo como entidade colaboradora.

O obxecto principal deste evento é recoñecer publicamente o esforzo, dedicación, sacrificio e, en definitiva, os propios valores que o deporte comporta, así como que sexa clara referencia para incentivar aos máis pequenos e a poboación en xeral para a práctica do deporte, segundo explicaba o edil Julio Mougán, quen confía en que a gala se consolide como unha cita bianual de celebración do deporte no municipio. O gañador no apartado de mellor equipo foi o Club Patinaxe Artístico Bolboreta, que actualmente conta con 43 patinadores federados, ademais doutros 60 repartidos nas escolas deportivas.O premio ao mérito deportivo é para Manuel Conde, fundador do club Casa Paco 81. Como mellor adestrador premiarase a Fran Teixeira, pola súa longa traxectoria nos bancos, con máis dunha década dirixindo ao Club Balonmán Chapela. O mellor deportista masculino foi o xogador de balonmán Eloy Krook, que milita en Palma do Río, e a mellor deportista feminina Melania Sanjorge, campioa galega e de España de tiro con arco en sala nos últimos dous anos. O mellor deportista con diversidade funcional foi Fran Somoza polos seus méritos en distintas disciplinas. A mellor promesa masculina foi o xogador de fútbol Miguel Rodríguez, e como promesa feminina, a piloto de motocrós Alba Fernández. Por último, Rodavigo recibirá o premio á mellor entidade colaboradora.  

Julio Mougán edil de deportes
Unha gala para recoñecer os méritos deportivos
Mellor equipo
Outorgado este ano o premio ao club Bolboreta
Mérito deportivo
Premio concedido a Manolo Conde
Elenco de premiados
Homes e mulleres de todas a disciplinas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará