Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio local reivindica o seu lugar

RR_Noticias

Un comercio vivo é sinónimo dunha vila viva. Así o entenden na Asociación de empresarios de Redondela que vén de editar un pequeno spot co que queren “remover a conciencia da cidadanía” sobre a necesidade de comprar no comercio local para garantir a súa supervivencia da cara ao futuro. Ademais, fronte a imposición das grandes superficies deciden tamén abrir este domingo día 23 as súas portas convidando aos veciños a gozar dunha xornada festiva de compras con agasallos para os máis pequenos e viaxes gratuítas no “chocochú”, un tren urbano que retoma os seus percorridos pero cunha imaxe máis navideña.

O vídeo promocional, dirixido por Cuchi Carreira da Cooperativa Cal3, quere ser unha chamada de atención ante o difícil día a día que vive o comercio local polas fortes presións das grandes superficies ou mesmo o comercio electrónico. Así, a través dos ollos dun neno que soña con ser de maior como seu pai e ter un día un comercio na vila tenta “remover conciencias” e facer ese chamamento aos clientes. Unha iniciativa está enmarcada dentro da campaña de Nadal que promove a Asociación de Empresarios de Redondela e inclúe un ano máis o reparto de centos de premios directos e un premio de mil euros entre os clientes que realicen as súas compras antes do 7 de xaneiro. Ademais este domingo día 23 abrirán as súas portas nunha xornada comercial e festiva baixo o lema “vén a Redondela e compra sen agobios” e con propostas orientadas aos máis pequenos.  

Julia Alonso Asociación de empresarios
Campaña de Nadal
Vídeo promocional
Un vídeo promocional que apela á afectividade
Domingo comercial e festivo
Unha xornada para comprar en Redondela
Quino Vilas Cooperativa Cal3
Fala da idea que hai detrás do spor

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará