Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Demandan a retirada dunhas arquetas en Soutomaior polo risco de accidente para os ciclistas

RR_Noticias

O BNG solicita o cambio inmediato das novas arquetas da estrada de Soutomaior, que teñen un oco duns cinco centímetros, polo que supoñen un grave risco para ciclistas e vehículos de dúas rodas. As arquetas foron situadas na contorna entre a urbanización que o Concello fixo para o acceso ao IES e a estrada de Soutomaior. O grupo municipal do Bloque demanda que se substitúan por outras seguras.

O grupo municipal do BNG esixirá ao goberno local e a Xunta de Galicia a retirada inmediata das arquetas da contorna do instituto por supoñer un grave perigo para os ciclistas e para os vehículos de dúas rodas en xeral. As arquetas foron situadas na contorna entre a urbanización que o concello fixo para o acceso ao novo Instituto e a estrada de Soutomaior. Trátase duns elementos de formigón situados de maneira lonxitudinal e que supoñen un perigo “xa que pola abertura da arqueta entra perfectamente a roda dunha bicicleta”. O portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, sinalou que estivo en contacto con persoas do ámbito do ciclismo do municipio, e todos coincidiron en que arquetas supoñen “unha trampa” para os vehículos de dúas rodas, polo que a súa colocación nese lugar “é unha irresponsabilidade”. Lourenzo engade que coa chegada do bo tempo “a bicicleta pode ser unha alternativa ao coche para que algúns alumnos se despracen ao IES”, e anima ás administracións a fomentar esta práctica, “que é habitual en moitos países de Europa”. Advirte que “co perigo das arquetas póñense trabas a unha alternativa de transporte eficaz e ecolóxica”. O BNG levará o asunto ao pleno para esixir que se cambien por outras que sexan seguras para os ciclistas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará