Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As praias de Cesantes e Rande teñen unha calidade da auga “excelente”, Arealonga “boa”

RR_Noticias

A Consellería de Sanidade publicou a clasificación sanitaria anual das augas incluidas no censo oficial de zonas de baño de Galicia, e que estará vixente para a próxima temporada de baño no verán de 2019. Nesta clasificación recollen unha calidade da auga das praias de Redondela “boa e excelente”. O goberno local seguirá traballando para que os areais de Redondela “dispoñan das mellores augas”.

Son catro as as praias de Redondela incluidas neste censo: Censates centro, Cesantes dereira e Rande, que gozan de calidade de auga “excelente”, mentres en Chapela a praia de Arealonga conta cunha calidade de auga “boa”. Dende a Concellería de Medio Ambiente móstranse “moi satisfeitos” por estes resultados “xa que foron moitas as actuacións que se levaron a cabo nos últimos anos para mellorar a calidade das augas”. Explican desde o goberno local que xunto co departamento de Vías e Obras fíxose “unha forte inversión en saneamento” para evitar os vertidos e as filtracións que acababan nas praias “como era o caso de Arealonga”. Obras como o saneamento en Pousadoura ou a obra de humanización da Avda. de Vigo coa renovación das canalizacións “fan posible que as analíticas na praia de Arealonga estén dando uns resultados óptimos”. Dende o Concello tamén se levou a cabo a contratación dunha empresa que realizou “un estudio en profundidade” introducindo cámaras que analizaron os saneamentos “para detectar roturas ou pequenas fugas” nas canalizacións antigas de formigón. O edil de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, asegura que seguirán traballando “para que as nosas praias dispoñan das mellores augas” e poder así conseguir recoñecementos como a Bandeira Azul en Cesantes “por quinto ano consecutivo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará