Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colapso de tráfico no centro de Redondela pola avaría dun autobús que perdeu combustible

RR_Noticias

Na tarde de onte, o derrame de gasóleo dun autocar obrigou a cortar o tráfico as rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín até a N-550. O suceso produciuse ao redor das 18.30 horas e tardou máis de dúas en solucionarse debido á súa magnitude. Na limpeza no centro urbano participaron bombeiros do Porriño, os Servizos de Emerxencias de Redondela e voluntarios de Protección Civil.

A perda de combustible dun autobús provocou un colpaso de tráfico en Redondela na tarde de onte. O vehículo foi deixando un ronsel de carburante cando circulaba centro da vila en sentido Pontevedra, e continuou perdendo combustile pola N-550. No caso da estrada nacional conseguiuse atallar o problema antes e ordenar o tráfico coa presenza da Garda Civil, o que evitou que se producise un caos maior, xa que ao tempo que se procedía á limpeza da parte afectada da estrada, permitíase a circulación polo carril contrario. Máis complicadas resultaron as tarefas de limpeza no centro de Redondela, ao ser maior tanto a cantidade de gasoil derramada como a superficie afectada. Un grave problema para os condutores nas vías máis transitadas da vila. A avaría no autobús produciuse ás 18.30 horas na zona da Farola, e o vehículo foi deixando un ronsel de gasóleo ao longo de todo o traxecto polas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín até incorporarse á N-550 en dirección a Pontevevedra. O derrame do combustible obrigou a cortar ao tráfico durante máis de dúas horas desde a Praza de Ribadavia até Santa Mariña, o que provocou malestar e enfado entre os numerosos condutores que se viron atrapados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará