Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER urxe a convocatoria da Comisión da AP-9 para evitar que Redondela “volva chegar tarde”

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela considera “fundamental” a pronta convocatoria da Comisión de Seguemento das obras da AP-9 de cara a concretar os proxectos da “adenda” e tratar as futuras expropiacións derivadas das obras “antes de que Fomento e Audasa volvan causar atropelos aos afectados”.

AER vén de solicitar por rexistro ao alcalde de Redondela, Javier Bas, que no prazo de dez días hábiles convoque a comisión, xa que é potestade súa facelo, como presidente. Roberto Villar, membro da Agrupación de Electores, advirte que na anterior sesión celebrada en outubro, os asistentes acordaron da necesidade de facer outra reunión. O rexedor local pediu tempo para ter datos precisos sobre a “adenda da AP-9”. Unha vez aprobada esta “adenda” no Consello de Ministros do pasado 26 de outubro, AER insiste en que é preciso “a exposición na Comisión de Seguimento de toda esta información”. Explica Villar que a documentación “non foi tratada ao completo nas comisións anteriores, nin entregada a esta AER”, malia ter solicitado por rexistro en diversas ocasións. Advirte ademais que varias actas de anteriores xuntanzas desta comisión non están aprobadas, entre elas as que inclúen as solcitudes de expropación de varias familias de Fonte Cornido e Cabanas.

Roberto Villar membro da AER
Considera "fundamental" a pronta convocatoria da Comisión "antes de que Fomento e Audasa volvan causar atropelos aos afectados".
Actas sen aprobar
Advirte que varias actas de anteriores xuntanzas non están aprobadas entre elas as que inclúen as solcitudes de expropacións de varias familias.
Colexio Igrexa
Villar lamenta que o novo colexio se estea a financiar con parte de fondos municipais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará