Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha colección de libros con cuberta de Ángel Barros recolle o patrimonio das parroquias

RR_Noticias

A Casa da Cultura acolle mañá xoves a presentación dos tres primeiros volumes dunha colección dedicada ao patrimonio cultural nas parroquias de Redondela. Unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística no que se pon en valor a riqueza cultural do municipio. Cesantes, Trasmañó e Ventosela protagonizan a primeira entrega con cubertas ilustradas por cadros realizados polo artista redondelán Ángel Barros.

Redondela e as súas parroquias contan cun amplo patrimonio cutural, histórico, artístico, natural e etnográfico. Algúns dos seus tesouros son ben coñecidos tanto no municipio como fóra del, pero hai moito patrimonio cultural “oculto”, tanto material como inmaterial. Dalo a coñecer e promocionalo é fundamental “para poñelo en valor e poder conservalo”, como explica Xurxo Martínez, responsable do SNL de Redondela. Para isto as parroquias e os seus veciños “deben ser os primeiros en decatarse do tesouro que posúen a través da arquitectura popular, dos restos arqueolóxicos ou da riqueza léxica”. A campaña procura, por tanto, que as persoas que habiten en determinada parroquia identifiquen as riquezas patrimoniais da súa zona e que, á súa vez, sirva para difundir entre o pobo de Redondela un acervo cultural. Os tres primeiros libros, breves en páxinas e ilustrados con fotografías, correspondénse ás parroquia de Cesantes, Trasmañó e Ventosela. Os autores son veciños destas parroquias: Lola Míguez, Xurxo Costenla e Olga Nogueira, respectivamente. Ademais as cubertas de cada un dos libros son cadros realizados polo artista local Ángel Barros. A presentación dos primeiros tres libros será mañá xoves, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura, coa participación das autoras Lola Míguez e Olga Nogueira, o pintor Ángel Barros e o alcalde, Javier Bas.

Xurxo Martínez responsable do SNL
Dar a coñecer o patrimonio e promocionalo é fundamental para poñelo en valor e poder conservalo.
Libros de pequeno formato e ilustrados
Os tres primeiros libros breves en páxinas e ilustrados corresponden ás parroquias de Cesantes Trasmañó e Ventosela.
xurxo
libro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará