Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras da pasareala peonil na ponte de Xulián manterán pechado o tráfico na mañá do xoves

RR_Noticias

A Xunta comezará mañá xoves as obras de colocación dunha pasarela na ponte de Xulián, na estrada provincial PO-250 que comunica Redondela con Pazos de Borbén. Para iso, será necesario o peche ao tráfico nesta vía desde as 9.00 até as 13.00 horas. A pasarela permitirá o paso de peóns e ciclistas de xeito seguro.

Segundo informa o departamento responsable do goberno galego, as obras enmárcanse nos traballos do itinerario peonil na estrada no punto quilométrico 0+160, o que permitirán realizar un traxecto continuo no tramo urbano de Redondela, actualmente interrompido á altura da ponte. A infraestrutura executarase na marxe dereita da obra de paso e contará cun ancho mínimo de dous metros, para garantir a circulación de peóns e ciclistas en condicións máis seguras. Ademais, os traballos comprenderán tamén a reposición de firmes, pavimentos e pasos de peóns, así como a drenaxe da senda peonil, a sinalización e a reposición de servizos afectados. Ademais, prevese o acondicionamento da contorna do peto de ánimas de Pasais, situado ao carón da estrutura actual, mediante o recheo e pavimentación con lousa de granito. Desta forma, conseguirase unha zona transitable ao redor deste elemento patrimonial de interese.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará