Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A programación do Outonoteatro achega a Redondela o musical escénico “Rosalía, unha vida”

RR_Noticias

Baixo a dirección escénica de José M. Tizón e a dirección musical de Aricia Núñez, o público poderá viaxar por diferentes fragmentos poéticos interpretados pola actriz e solista María Torres. O sábado, 3 de novembro, ás 20.00 horas no auditorio do Multiúsos da Xunqueira.

Un total de 15 fragmentos poéticos póñense en escena interpretados musicalmente pola actriz e solista María Torres, acompañada pola pianista Aricia Núñez e a violinista Ioara Pérez. No escenario móntanse diferentes decorados onde levarán a cabo cada unha das escenas, levando ao público apaixonadamente a uns anos de inxustizas e desgarradoras penas vividas e escritas pola autora Rosalía de Castro. Entradas xa á venda a 7 euros, 5 no caso de entrada reducida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará