Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección e obradoiro de debuxo de Paxaretas

RR_Noticias

A Asemblea Feminista Paxaretas celebra esta tarde unha actividade dirixida ás familias. Proxectarán o video da representación do Festival Internacional de Títeres de Redondela e levarán a cabo un obradoiro de debuxo. Coas obras realizarán o Calendario de Paxaretas 2019. A cita é na Casa da Cultura ás 17.30 horas.

Paxaretas proxectará o vídeo da representación da actuación do Festival Internacional de Títeres de Redondela realizada na pasada edición: “O libro das esquecidas”. Logo da proxección, celebrarán un obradoiro de debuxo onde os participantes poderán formar parte coas súas obras do Calendario de Paxaretas 2019. Así mesmo, ao rematar a xornada, os asistentes recibirán un agasallo sorpresa pola súa participación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará