Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Consello de ministros aproba hoxe as reposiocións para Chapela con 9 millóns de euros

RR_Noticias

O anuncio fíxoo onte no pleno de Redondela o voceiro socialista Eduardo Reguera. Foi en resposta a unha moción na que o PP solicitaba a reprobación da actitude subdelegada do goberno “pola súa falta de sensibilidade cos veciños de Redondela”. A moción foi rexeitada por todos os grupos da oposición, que acusaron ao goberno local de ter “un dobre raseiro”.

Eduardo Reguera afirmou que o Consello de Ministros aprobará hoxe as obras de mellora en Chapela por máis de oito millóns de euros. Ademais da construción do novo colexio da Igrexa, Fomento tramita os proxectos para as reposicións en Torreiro, Pasán, camiño de Mouriño, Fonte Cornido e o paso superior de Trasmañó con 4,2 millóns de euros. Tamén a instalación de pantallas acústicas por 4,8 millóns. O voceiro socialista dixo que esa aprobación é froito do compromiso do goberno de Pedro Sánchez, xa que o anterior executivo de Rajoy non deixar partidas comprometidas, malia as súas promesas. Desde a bancada popular, tanto a voceira Carmen Amoedo como o alcalde Javier Bas, aseguraron que foi “a presión” por parte do Concello e dos colectivos sociais o que levou ao PSOE a aprobar a adenda. Un compromiso que non evitou que desde o PP mantiveran a súa petición de reprobación para a subdelegada do goberno, Maica Larriba “pola súa falta de sensibilidade e compromiso cos veciños de Redondela”. Amoedo explicou que desde o Concello se solitou en reiteradas veces unha xuntanza para tratar os problemas de Chapela e non obtiveron resposta. Reguera advertiu que esa reunión está fixada para o mércores da próxima semana, e cualificou de “deriva populista” a actitude do PP. Criticou a protesta convocada por Bas en Pontevedra ante a Subdelegación do Goberno a pasada semana e tamén a moción para pedir a reprobación de Larriba. O edil non adscrito, Enrique Fojo, tamén rexeitou a moción e criticou o “dobre raseiro” do goberno local, en función de se en Madrid “goberna o seu partido ou outro”. E solicitoulle ao alcalde “que se esforce en gobernar e non en facer oposición”.Na mesma liña se manifestou o BNG. Xoán Carlos González reprochoulle ao goberno local se sexa “tan radical cando goberna o PSOE e tan mansiño cando goberna o PP”. O concelleiro do Bloque lembrou que o goberno local non se manifestou cando os veciños de Teis e Chapela saíron á rúa para esixir as reposicións e a supresión da peaxe ao goberno de Rajoy. Tampouco AER apoiou a reprobación. Entenden que sería contraproducente tendo en conta que a subdelegada recibirá ao Concello e os veciños a próxima semana. Javier Bastos cualificou de “incomprensibles” ás présas de Bas “cando afectados e Concello levan anos pedindo as obras”. A Agrupación de Electores entende que habería moitos máis responsables políticos aos que reprobar, tanto do anterior goberno popular como do socialista, e tamén ao propio alcalde “por asistir á inauguración das obras da AP-9cando aínda estaban sen rematar”.   Pleno longo e bronco A moción presentada polo PP foi un dos asuntos tratados na sesión plenaria celebrada onte no Multiusos da Xunqueira. Unha sesión longa e bronca que rematou preto das doce da noite coa expulsión da edil socialista Digna Rivas, logo de varias chamadas ao orde por parte do alcalde. O resto de concelleiros do PSdeG abandonaron tamén a sala, e o alcalde suspendeu a sesión.

Eduardo Reguera PSOE
Reguera anuncia que o consello de Ministros aprobará a adenda para as reposicións en Chapela.
Carmen Amoedo PP
Amoedo advirte que foi "a presión" por parte do Concello e dos colectivos o que levou ao PSOE a aprobar a adenda.
Enrique Fojo edil non adscrito
Criticou o "dobre raseiro" do goberno local en función de se en Madrid "goberna o seu partido ou outro"
Xoán Carlos González BNG
Reprochoulle ao goberno local se sexa "tan radical cando goberna o PSOE e tan mansiño cando goberna o PP"
Javier Bastos AER
Cualificou de "incomprensibles" ás présas de Bas e afirmou que habería moitos máis políticos aos que reprobar do PP e do PSOE.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará