Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela mobilízase

RR_Noticias

O Concello de Redondela organiza hoxe unha concentración ante a Subdelegación do Goberno, na que o Alcalde de Redondela Javier Bas fará entrega á Subdelegada do manifesto apoiado por un total de 45 colectivos veciñais, sociais, culturais e deportivos do municipio, onde se esixen os compormisos que Fomento adquirira con Redondela en compensación polas obras de ampliación da AP-9.

Desde o Concello lembran que os compormisos “xa eran firmes” con toda a documentación avanzada, polo que reclaman que o actual goberno central “non paralice” eses proxectos. A concentración será ás 11.00 horas na Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Sairán autobuses gratuitos desde o pavillón de Chapela ás 9.30 e desde Redondela, na praza da Farola, ás 10.00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará