Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Guillermo Meijón, deputado socialista: “ As obras pendentes da AP-9 vanse facer si ou si”

RR_Noticias

O deputado no Congreso xustificaba a demora na presentación do expediente no Consello de Ministros, último trámite necesario para a súa aprobación, “ na falta dun informe de Facenda” que sería necesario para que recibise o visto e prace definitivo. Asegura que hai unha “firme e clara decisión do goberno de levar a cabo estas obras” pero que queren unha “tramitación segura e con firme recorrido”. Malia todo o deputado asegura que o comunicación dos prazos será nun breve período de tempo.

Na xornada previa a que o concello de Redondela convoque unha manifestación na Subdelegación do Goberno en Pontevedra para esixir o cumprimento “inmediato” dos compromisos adquiridos por Fomento, o deputado do PSOE Guillermo Meijón visitaba a localidade para asegurar que “as obras pendentes da AP-9 se van facer si ou si”. Meijón critica ao alcalde, Javier Bas, ao que acusa de estar “en plena campaña electoral, arroxando sombras, levantando sospeitas ou sembrando insidias con respecto a un goberno que non leva catro meses e está xestionando as cousas que deixou sen facer o executivo anterior”. O deputado socialista explica que o expediente no que se recollen eses compromisos non se presentou aínda no Consello de Ministros debido a un informe da Intervención Xeral da Administración do Estado no que se indica que podería facer falta un informe do Ministerio de Facenda. Meijón fai fincapé en que “se está a estudar se é imprescindible ou non este documento”, o que podería demorar os prazos. A próxima semana está prevista a celebración da comisión da AP-9 na que se van tratar todos estes temas e asegura que non tardarán en poder informar sobre a data na que acometerán esas melloras. En canto á eliminación da peaxe en Rande, Guillermo Meijón, asegura que non existe nin un só papel remitido a Audasa no Ministerio de Fomento para comezar a valorar esta supresión da peaxe e engadía que na actualidade o goberno “está en fase de requirimento dos informes precisos a Audasa para facer unha valoración axeitada e rigorosa e actuar en consecuencia”. O secretario xeral dos socialistas en Redondela, Leonardo Cabaleiro, aproveitaba a visita de Meijón para manifestar o rexeitamento da súa formación ao manifesto presentado polo goberno local aínda que subliñaba non coas peticións. Acusa ao alcalde de estar “empregando algunhas asociacións para reclamar algo que eles non fixeron en sete anos”.  

Deputado PSOE Guillermo Meijón
Asegura que as obras de mellora vanse facer "si ou si"
Tramitación pendente
Meijón apunta que podería faltar un estudo do Ministerio de Facenda para que o expediente fose aprobado definitivamente
Supresión peaxe Rande
Di que o goberno está pedindo informes a Audasa para avaliar a situación
Leonardo Cabaleiro PSOE Redondela
Cabaleiro di que apoian as peticións do manifesto pero non as formas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará