Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A asociación veciñal de Chapela denuncia que o peirao de Cardona é “un desgüace náutico”

RR_Noticias

A Asociación de Veciños de Chapela vén de denunciar ante o 112, Capitanía Marítima e Autoridade Portuaria o grave problema que existe no peirao de Cardona pola presenza de varios barcos afundidos. Advirten que estas embarcacións supoñen un dano para o medio ambiente, xa que causan vertidos e xeran residuos, ademais de perxudicar á estética do paseo.

Lamentan que o que debería ser unha zona de esparcimento e cunha boa imaxe no paseo marítimo da parroquia, hai tempo que resulta “todo o contrario”. Lembran que desde hai varios anos está proxectado neste lugar a construción ou habilitación dunha piscina de mar, e denuncian que “lonxe de ser destinado a este cometido, estase a converter nun desgüace náutico”.
Arranxo da iluminación
Dende a Asociación de Veciños de Chapela felicítanse polo arranxo da iluminación nas principais Avenidas da parroquia. Sinala que despois de moitas chamadas “de forma constante e durante varios anos”, tanto á Policía local de Redondela como ao departamento de Vías e Obras do Concello, xa se resolveu o problema. Neste sentido “aplauden” ao Concello pola mellora nunha cuestión “tan básica e necesaria como o alumeado público”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará