Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición de Pazos propón un acordo cos comuneiros de Amoedo para o polígono industrial

RR_Noticias

Os terreos sobre os que se asenta o polígono industrial “A Chan de Amoedo”, promovido polo Concello, foron obxecto dun litixio. A sentenza determinou que pertencen á Comunidade de Montes, pero os comuneiros non poden tomar posesión dos terreos ata que sufraguen o investimento feito polo Concello. Os grupos da oposición chegaron a un pre-acordo cos comuneiros para que xestionen o polígono e cedan ao Concello unha porcentaxe dos ingresos. O asunto será debatido mañá mércores no pleno da Corporación.

A inversión do Concello no polígono industrial ascende a 509.000 euros, cantidade que deberá ser devolta pola Comunidade de Montes, ao ter actuado de boa fe a administración. Alternativa Veciñal explica que estes gastos serán “moi díficil” que os poidan asumir os comuneiros. O Concello leva anos en conversas coas distintas Xuntas Rectoras que se sucederon na Comunidade de Montes, pero nunca se chegou aun acordo que puxese fin ao conflito. Unha situación de “provisionalidade e incerteza” que impide que esta zona industrial se consilide, e foron moi poucas as empresas que se asentaran no polígono. Esta situación levou ás forzas da oposición de Pazos de Borbén a negociar unha solución cos comuneiros de Amoedo. O que se recolle no pacto é que o Concello cedería a xestión desta area industrial á Comunidade de Montes a cambio de que esta transfira ao Concello o 60% dos ingresos do polígono, cunha cantidade mínima anual de 30.000 euros. Alternativa Veciñal explica que, deste xeito, pretenden “deixar atrás unha etapa de relacións conflitivas entre Concello e Comunidade de Montes que lastraron a boa marcha do polígono industrial”. Advirten que é preciso “abrir vías de diálogo e colaboración”, e ofrecer ás empresas interesadas en asentarse no polígono “seriedade e seguridade xurídica”. Este principio de acordo vaise a debater nun pleno extraordinario ás 12 horas de mañá mércores, 10 de outubro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará