Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco dá osíxeno ao Ourense C.F.

RR_Noticias

Os de Gonza regresaron de valeiro do Couto, e permitiron que os anfitrións sumaran a súa primeira vitoria. Fin de semana con poucas vitorias locais. Só se impuxeron aos seus rivais o Cesantes, de Segunda Galicia, e o Pazos, da Terceira División de fútbol sala. No balonmán gañaron a SAR de Honra Prata Feminina e o Chapela de Primeira Nacional Masculina.

Terceira División
Ourense 2-0 Choco
Unha vez máis o Choco puxo o xogo, e o rival os goles. Rober, ex xogador do Choco, abriu o marcador no minuto 8. O porriñés aproveitou un erro defensivo dos redondeláns para facer o 1-0. O tanto deu paso a un claro dominio do Choco, que foi moi superior ao Ourense, pero unha vez máis sen acerto dentro da área. O meta rival foi tamén protagonista, Michi evitou as ocasións máis claras do Choco. E Beceiro pechou o partido no último minuto co 2-0 definitivo.
Ourense CF: Michi; De Paz, Pablo Pérez, Germán, Murilo (Juanma, min. 63); Martín, Pedro García; Róber, Bruno, Lamelas; e Raly (Beceiro, min. 70).
Choco: Cortegoso; Nacho, Fiuza, Aitor (Davicín, min. 70), Xián; Alberto Suárez, Caloi, Comis; Zamo (Mintegui, min. 63), Gabri e Félix (Cora, min. 59) .
Goles: 1-0, min. 8: Róber; 2-0, min. 90: Iago Beceiro.
Primeira Galicia

Pontevedra 4-2 Arcade
Os de Souotmaior non puideron cun dos equipos máis fortes do grupo, o Pontevedra, pero plantáronlle cara ao actual líder. O Arcade queda no ecuador da táboa, e a próxima semana recibe ao Domaio, afundido na parte baixa da clasificación.
Primeira Feminina Galicia

Arcadia 0-0 Viaxes Interrías
As de Arcade conseguiron sumar un punto ante as de Portonovo, que ata agora sumaban todas as xornadas con vitorias. O domingo xogan en Vigo, ante o Sárdoma, coas anfitrioas un posto por riba das de Soutomaior, cun punto máis.
Segunda Galicia

Tomiño 3-2 Atlético Vilar
O Tomiño sumou os seus primeiros tres puntos a conta do Vilar, nun partido on remontada local incluída. O domingo recibirán en San Martiño ao Chaín, un dos equipos máis fortes do grupo.
Cesantes 5-2 Caldas
O Cesantes suma os seus primeiros tres puntos cunha goleada sobre o Caldas. Na primeira parte Xacobe adiantou aos redondeláns e Adrián empatou para o Caldas. Na segunda metade os redondeláns foron superiores e aproveitaron os erros defensivos do riva. Fabi de penalti, Alex Gil, Xacobe e Diego completaron a man chea de goles para o Cesantes. O equipo deixa así a última posición da táboa, e prepara o próxima encontro no campo do Moraña, 5º do grupo.
Terceira Galicia

Chapela 1-1 S. Miguel
Reparto de puntos en Chapela, que conseguiu sumar un punto ante o S.Miguel, segundo clasificado. O Chapela queda na zona morna da táboa, e a próxima xornada xoga no campo do líder, o Matamá, que suma cinco vitorias nas cinco xornadas disputadas.
Futbol Sala

Terceira División

Red Blue Vigo 5-3 Campito
Derrota do Campito en Coia, que os deixa como pechacancelas da táboa. Os de Chapela están nunha situación complicada. O sábado reciben ao Academia Red Blue Coruña.
Pazos 6-2 Talleres ABC Vigo
Os de Fran Amoedo son líderes, e único equipo invicto da liga, logo de impoñerse en Pazos de Borbén ao Talleres ABC Vigo IES Coruxo, rachando así o empate que existía na clasificación entre ambos. Na próxima xornada o club viaxa a terras lucenses para medirse ao Playas de Barreiro, equipo da parte baixa da táboa.
Preferente Sur

Redondela Maramar 3-6 Baiña FS
O equipo de Enrique Davila non puidoco Baiña Futbol Sala, que se afasta máis na clasificación mentres o Redondela se afunde. O sábado visitan a pista do Valadares Global Mar, no ecuador da táboa.
BALONMÁN  División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 29-25 Zonzamas Lanzarote
As de “Chini” impuxéronse nun difícil partido ante un rival directo, o Lanzarote Zonzamas. As canarias non llelo puxeron doado, e no descanso adiantaban ás redondelás de cinco goles (13-18). Na segunda parte non baixaron os brazos e foron recortando distancias, e cun parcial de 4-1 nos últimos cinco minutos fixéronse co partido
Cíes Chapela 20-29 Xixón
As de Chapela seguen sen sumar nesta liga, e xa suman catro derrotas. As asturianas levaron os puntos grazas á súa velocidade e o acerto en lanzamento.
Na próxima xornada os dous equipos locais xogan en Vigo. A SAR na pista do Lavadores, coas anfitrioas na parte alta da táboa. O Chapela ante o Seis do Nadal, coas de Coia na metade baixa da clasificación.
Primeira Nacional Masculina

Chapela 40-18 OAR Coruña
Os de Fran Teixeira protagonizaron un verdadeiro festival de goles ante o pechacancelas, o OAR Coruña. O público de Chapela gozou do espectáculo nun partido no que non houbo rival para os de Fran Teixeira, que xa son 3º do grupo. A próxima fin de semana teñen un longo desprazamento, a Xixón, cos anfitrións na metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará