Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta no IES de Soutomaior contra a eliminación da parada do autobús escolar en Arcade

RR_Noticias

Un total de 28 alumnos de entre 11 e 16 anos quedaron sen autobús escolar sen previo aviso ao eliminar a Consellería a parada que este autobús facía no cruce de Pierres no centro de Arcade. Unha parada que lles fora concedida ao alumnado cando realizaran a matrícula no instituto. Pais e nais concentraranse este domingo ás 12:30 ás portas do Instituto para esixir que se repoña o servizo. Aproveitarán a protesta para denunciar outras carencias do recentemente inaugurado centro: duchas sen auga quente, aulas pequenas ou problemas no servizo de comedor.

O alumnado do novo instituto de Soutomaior está a sufrir os efectos da decisión da Consellería de Infraestruturas e Transportes de eliminar unha parada do transporte escolar no casco urbano de Arcade. En total, víronse afectados uns 28 alumnos que sen previo aviso quedaron sen autobús na parada de Pierres “malia que esta parada si aparecía cando realizaron a matrícula no centro”. Unha situación que afecta a alumnos de 11 a 16 anos que teñen que desprazarse andando data o centro escolar pola estrada uns dous quilómetros malia que a normativa establece que este alumnado ten dereito ao transporte porque o centro está fóra do núcleo urbano. Para esixir que se inclúa este servizo concentraranse ás portas do instituto o domingo día 8 ás 12:30 horas.  

Marcos Torres pai afectado
Denuncia que se retirara esa parada cando existía o compromiso co alumnado
Deficiencias no novo instituto
Sen patio cuberto nin auga quente aulas pequenas e cunha cafetería que non ten capacidade para atender ao alumnado que queda a comer

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará