Hoxe é Martes 27 de Outubro de 2020

Os alumnos do obradoiro de emprego arranxarán o paseo peonil da Portela

RR_Noticias

Arrancaba esta semana o obradoiro Redempreg@ promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co concello de Redondela que formará durante seis meses a un total de 16 persoas menores de 30 anos nas especialidades de deseño gráfico e carpintaría e vernizado. Este alumnado encargarase de arranxar os desperfectos  do paseo peonil Punta Socorro e do río Pexegueiro coa aplicación de diferentes tratamentos con varnices e lacas, así como o deseño de campañas publicitarias para as distintas áreas do Concello.

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, inaugurou o curso de formación orientado a menores de 30 anos que formará a un total de 16 mozos e mozas nas especialidades de deseño gráfico e carpintaría e vernizado ao longo de seis meses.
O representante autonómico, quen estivo acompañado polo alcalde, Javier Bas, animou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brinda e formarse para acceder a un posto de traballo”, fixo especial fincapé no esforzo inversor do Goberno galego a prol do fomento do emprego con 135 millóns de inversión en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral.
En canto aos talleres para menores de 30 anos sinalou que o obxectivo é o de “seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica”. Así, subliñou que dos oito proxectos de Garantía Xuvenil que impulsa a Consellería de Economía, Emprego e Industria na provincia de Pontevedra seis corresponden á área de Vigo.
Respecto ao Redempreg@, a Administración autonómica destina a este taller, no que se formarán 16 alumnos en deseño gráfico e carpintería e vernizado en exteriores, máis de 154.000 euros. Entre as propostas, figuran o arranxo de desperfectos e tratamentos con varnices e lacas do paseo peonil Punta Socorro e do Pexegueiro e a realización de mobiliario urbano, así como o deseño de campañas publicitarias para as distintas áreas do Concello.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *