Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello liderará as protestas contra Fomento se non hai un compromiso en firme para Chapela

RR_Noticias

O alcalde de Redondela, Javier Bas, lanza un ultimato ao Ministerio de Fomento. Co gallo da visita a Galicia do seu titular, José Luis Ábalos, que previsiblemente estará este mércores en Santiago, anuncia que o goberno local mobilizará aos axentes sociais no caso de que o ministro non achegue “datas e prazos concretos para a realización das obras pendentes na parroquia de Chapela e a fin da peaxe en Rande”.

Acompañado dos representantes da Asociación de Afectados pola AP-9, Javier Bas denuncia a falta de avances nos compromisos que tanto Audasa como Fomento adquiriran cos veciños de Chapela. “A situación non avanza dende a chegada de Pedro Sánchez ao goberno, vivimos unha situación de incerteza porque dende maio todo está pendente de que o proxecto no que se recollen as melloras para Chapela pasen polo Consello de Ministros”. Un proxecto que incluiría a reposición de viarios no ámbito de Chapela e Trasmañó así como a inclusión das prometidas pantallas acústicas para minimizar o ruído do tráfico na autoestrada e outras melloras pendentes por valor de seis millóns de euros. A estas obras habería que engadir a gratuídade da peaxe no tramo entre Rande e Vigo, sen data prevista. Lamenta Bas que a administración do estado “está a ningunear a Redondela” xa que malia ter solicitado o pasado 11 de xuño unha petición para abordar esta cuestión coa Subdelegación do goberno “polo de agora non tivemos resposta, o que demostra que “non hai sensibilidade cos veciños que durante todos estes anos están sufrindo as obras da ampliación da AP-9”. Entende o alcalde de Redondela que “unha vez superados os cen días de cortesía é o momento de actuar e non caso de que nas próximas horas non se nos dean prazos concretos convocaremos mobilizacións do mesmo xeito que xa o fixeramos no 2011”. Dende a Asociación de Afectados comparten a indignación do goberno local “esiximos que o actual ministro asuma os compromisos adquiridos polo seu predecesor e que bote a andar os proxectos de mellora”.  

Javier Bas alcalde
Liderar as mobilizacións
Parálise dende Maio
Pendentes dun Consello de Ministros
Esgotouse a paciencia
Ante a falta de resposta deciden actuar dende o goberno local
César Domínguez Afectados AP-9
Esixen que se cumpran os compromisos adquiridos por Fomento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará