Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de limpeza da zona da Enseada e reparto de composteiros

RR_Noticias

O departamento de medio ambiente do Concello ten en marcha dúas novas iniciativas de cara as vindeiras semanas. Así, o día 6 de outubro organizan unha xornada de limpeza na zona da Enseada da Portela co gallo de concienciar sobre os elementos de alto nivel contaminantes que acaban no mar como cabichas ou plásticos. Para promover a reciclaxe dos residuos domésticos organizan tamén un novo reparto de composteiros. Ámbalas dúas accións precisan de inscrición previa no 986 400300 ou no enderezo medioambiente@redondela.gal.

O Concello de Redondela organiza a través do Plan Libera unha nova xornada de limpeza neste caso na zona da Enseada da Portela. Nesta ocasión a campaña fai fincapé en elementos de alto nivel contaminante que chegan aos nosos ríos, praias e mares, e tardan anos en desaparecer. Lixo de difícil eliminación como as cabichas, bolsas plásticas, envoltorios, botellas plásticas, tapóns, palliñas e bastonciños. A xornada terá lugar o vindeiro 6 de outubro ás 10:30 horas e o punto de encontro é a explanada da depuradora.
Entrega de composteiros
Por outra banda este departamento pon en marcha unha nova campaña de compostaxe doméstica para todos os veciños que estean interesados na xestión dos residuos xerados nos propios fogares.
As persoas interesadas en facerse cun destes composteiros deberán asistir a unha charla na que se lles explicarán como empregar de forma axeitada estes recipientes que permiten converter os residuos domésticos en compost, un abono que ofrece excelentes cualidades para enriquecer a terra.
Os composteiros entregaráselles a aquelas persoas que nunca recibisen algún por parte do concello.  A data da charla e entrega dos mesmos realizarase unha vez estean inscritos un numero de persoas suficiente para desenvolver a actividade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará