Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Antonio Lores: “Non imos consentir a instalación dunha base de colectores en Rande”

RR_Noticias

Os veciños da zona non descartan poñer en marcha un calendario de mobilizacións no caso de que a Autoridade Portuaria non renuncie a empregar a explanada de Duchess en Rande como almacén de colectores. O presidente da Plataforma da Enseada San Simón anuncia que xa solicitaron unha reunión co alcalde, Javier Bas para abordar o problema e están a espera de que o organismo portuario lles remita toda a información sobre o proxecto.

O rexeitamento ao anuncio da Autoridade Portuaria é unánime. Así o asegura Lores logo dunha xuntanza veciñal celebrada onte para abordar esta cuestión e establecer un calendario de actuacións. “O primeiro pasa por reunirnos co alcalde e obter toda a información que exista sobre este  proxecto, pero non imos consentir que se instale nese lugar un almacén de contenedores” explica Lores ao tempo que lembra unha vez máis que se trata dun espazo protexido por Rede Natura 2000. Ademais das súas características medioambientais insiste nos prexuizos que padecerían os veciños do lugar se o proxecto se levara adiante “ruídos día e noite co paso de camións de gran tonelaxe e molestias continuas ao mover uns colectores de varias toneladas de peso”. Aplaude a decisión do pleno de rexeitar por unanimidade este proxecto logo de que se aprobara unha moción presentada polo BNG neste sentido. Sobre a postura de Javier Bas de apoiar no Consello da Autoridade Portuaria que se melloraran os acceso ao lugar coincide na posición xa manifestada por varios veciños nese pleno “ampliar os accesos é dar vía verde aos intereses da entidade portuaria, tal e como están actualmente cobren as necesidades do lugar”. Lembra Lores que os veciños coas súas mobilizacións foron quen de parar o proxecto da cementeira para esa zona e que non dubidarán en volver saír a rúa para evitar esta iniciativa.  

Antonio Lores Plataforma en defensa da Ensedada
Rexeitamento unánime dos veciños ao proxecto da Autoridade portuaira
Accesos non
Entenden que a mellora dos accesos sería o primeiro paso para a instalación do almacén
Impacto moi negativos
para o medioambiente e para os propios veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará