Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ruth Matilda Anderson, a fotógrafa da xente

RR_Noticias

Imaxes dos traballos propios da década dos anos vinte, as feiras e mercados, os costumes, o campo, o transporte, os traxes propios daquela época pero sobre todo as persoas, son as protagonistas das máis de cinco mil fotografías que fixo a fotógrafa e etnógrafa da Hispanic Society of America durante o ano e medio que estivo en Galicia. Unha selección de setenta imaxes, entre elas algunha de Redondela, pódense visitar no Multiúsos da Xunqueira até o 29 de setembro.

Ruth Matilda Anderson desembarcaba xunto ao seu pai no porto de Vigo unha mañá de agosto do ano 1924. Aí comezaría un traballo documental e de investigación do que até entón ninguén se tivera ocupado: documentar a vida das xentes, en especial das zonas de complicado acceso de Galicia. Lugares que nunca antes foran fotografado eran recollidos polas cámaras da fotógrafa americana nas súas dúas visitas que fixo a nosa comunidade entre 1924 e 1926. Até entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do mar nin a cultura material de Galicia foran obxecto de principal atención para a fotografía de modo tan exhaustivo. O resultado dese traballo foron cinco mil duascentas imaxes das catro provincias galegas. A través das setenta imaxes podemos recuperar costumes que xa se perderon. Imaxes que ademais contan coa particularidade que foron feitas coa ollada de dúas persoas de fóra, que nada tiñan que ver coa nosa cultura, como destacaba a concelleira de Cultura, Teresa París. Unha mostra, “Unha mirada de antano”, que chega ao noso concello, logo de percorrer outros municipios galegos, a través dun convenio asinado entre o Concello de Redondela, Abanca e a Afundación e que se poderá visitar até final de mes no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde.

Concelleira Cultura Teresa París
París destaca a importancia desta mostra que permite lembrar o que era Galicia nos anos 20
Guía Vanessa Sende
Setenta cadros divididos en distintas categorías que son un reflexo dos galegos de hai preto dun século
Ruth Matilda Anderson
Comezos desta fotógrafa e etnógrafa america que ía para mestra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará