Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pleno rexeita por unanimidade a creación do almacén de contedores na explanada de Rande

RR_Noticias

Malia compartiren posturas, o debate sobre o futuro da explanada xerou moito debate logo de que PSOE e BNG, grupo que presentou a moción, acusaran ao alcalde Javier Bas de non representar os intereses dos veciños de Redondela ao non oporse a este proxecto no consello da Autoridade portuaria do que forma parte. Bas asegura que o seu voto a favor foi exclusivamente para a mellora dos acceso a este lugar porque ao seu entender é necesaria esa actuación para favorecer o acceso dos autobuses ao Meirande así como dos camións que acceden ás empresas alí asentadas.

A moción do BNG contra as pretensións da Autoridade Portuaria de recuperala como almacén de contedores os 40.000 metros cadrados da explanada de Duchess no litoral de Rande era debatida onte en pleno. O voceiro do Bloque, Xoán Carlos González insistiu na necesidade de blindar esta franxa de terreo para evitar que no lugar se asente ningún tipo de actividade industrial tendo en conta que se trata dunha zona de especial interese medioambiental enmarcada en Rede natura 2000. Lembrou que no Consello de Administración do Porto celebrado a finais de xullo  aprobouse a adquisición de terreos de Duchess por valor de 2,3 millóns de euros para construír un novo vial de entrada e saída de camións dende a estrada N-552 que permitiría o uso da explanada como almacén de contedores. Criticou tamén que o alcalde, presente en dito Consello, non se opuxera rotundamente a “unha actuación que vai ser moi prexudicial para os veciños da zona”. No mesmo sentido manifestábase o voceiro do PSOE, Leonardo Cabaleiro quen afirmaba que é necesario poñerse “en pe de guerra” para rexeitar algo que é prexudicial para Redondela” e acusaba tamén ao alcalde  de seguidismo aos plan da Autoridade Portuaria. Javier Bas rexeitaba as críticas e aseguraba que o seu posicionamento será sempre en contra de que se asenten no lugar actividades que non sexan limpas e non conten co consentimentos dos veciños “o meu voto a favor foi exclusivamente para a mellora dos accesos que permitirá que poidan baixar os autobuses que acoden ao Meirande”. No mesmo sentido manifestábase a voceira do PP carmen Amoedo quen insistía en que é necesario mellorar os accesos ao lugar apra evitar as manobras que actualmente teñen que facer “os autobuses e camións que acceden ás empresas alí asentadas e que contan coa correspondente licenza de actividade” e acusaba a oposición de levar fume ao pleno para crear medo entre os veciños. Tanto os concelleiros de AER como o edil non adscrito Enrique Fojo apoiaron a mocións do BNG por entender que é preciso amosar o posicionamento en contra do pleno ante os posibles movementos da Autoridade Portuaria. Tamén dende a Plataforma en Defensa de San Simón advirten que a instalación desta base de colectores non reúne as condición legais suficientes por estar a carón dun espado da Rede natura e cualifican a proposta como “forzada, ilegal e agresiva cos veciños que teriamos que padecer ruídos e tráfico pesado nunha zona residencial e protexida medioambientalmente” que consideran non é o lugar axeitado e propoñen como alternativa os terreos que o porto ten na Plataforma Loxística de Salvaterra-As neves. Ademais advirten que dentro deste proxecto tamén se recollería a construción dunha vía pr debaixo da estrada N-552 e da liña do tren para solucionar o problema do acceso de camións  

Xoán Carlos González BNG
Defende a moción contra a instalación de colectores en Rande
Javier Bastos AER
Amosaron o seu apoio
Enrique Fojo edil non adscrito
Demanda proxectos limpos para a zona
Leonardo Cabaleiro PSOE
Os socialistas reclaman tamén maior protección para o lugar
Javier Bas alcalde
Debate entre o alcalde e o edil socialista
Carmen Amoedo PP
A voceira popular defende a postura na Autoridade portuaria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará