Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música, obradoiros, xantar popular e animación na I Romaría Cultural de Artistas de Redondela

RR_Noticias

Nace unha nova festa no noso concello e faino con espírito de continuidade. É a Romaría cultural de artistas e activistas de Redondela que se celebrará este sábado dende as doce do mediodía e ata a medianoite nas antigas casas dos mestres na Avenida Mendiño. A proposta, organizada dende Artelixo e a Asociación Millo Verde, ten o seu adiantos nos miniconcertos que a diario se están a desenvolver na praza de Figueroa ás 21:00 horas.

Bloquinho da Alegría será o artista invitado esta tarde nun concerto que serve para dar a coñecer a actividade do sábado. Logo de escoitar a Tok, Nota Male, Pina e Sete Cuncas aínda están pendentes as actuacións de Relámpago (mércores 5), Iván Gulín e Pillabands (xoves 6) e Empty Bottle (venres 7). Actuacións que serven de preludio do que será a gran festa do sábado na que non faltará un pregoeiro de excepción, o actor, titiriteiro e tamén músico Tatán. Ao longo de toda a xornada a música será a gran protagonista pero haberá tamén un xantar popular ao que convidan a participar a todo o que o desexe, venda de produtos veganos e obradoiros para os máis cativos. A música na Romaría Popular correrá a cargo dos grupos Chá, cerveja e violao, Leo i arremecaghoná, Seso Durán, Os Soutos& Beti, Haku, Tabula Rasa, e Chaleco Reflectante. Unha xornada festiva que servirá para presentar oficialmente a Plataforma de Artistas e activistas de Redondela que conta xa con máis de cen socios e que busca fomentar a cultura e axudar a aqueles artistas locais en todos o que precisen. Dende as organizacións convocantes da Romaría lamentan a pouca implicación do Concello no evento “non nos concederon practicamente nada do que lles solicitamos: cesión do palco municipal, que nos deran cobertura a través do seguro municipal que contratan para a organización de actividades ao aire libre… polo que optamos por organizalo sen o seu apoio”.  

Fon Conde Artelixo
Unha xornada de concertos
Obradoiros e xogos
Haberá tamen actividades para os nenos
Plataforma de artistas
Búscase dar apoio aos artistas locais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará