Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimas prazas para o curso de fotografía que organiza a Asociación contra o Cáncer

RR_Noticias

A Asociación arrancaba recentemente unha nova etapa cunha xeira de actividades entre as que inclúen un curso de fotografía que arranca este mesmo venres. Malia que inicialmente o curso estaba orientado a enfermos oncolóxicos e familiares, abren agora esta proposta ao público en xeral co obxecto de cubrir a totalidade das prazas.  O curso impartirase todos os venres en horario de 18:00 a 20:30 horas no Multiúsos e ten un custe de 6 euros. Máis información no teléfono 654 235 376.

Trátase dunha acción formativa enmarcada dentro do programa que organiza a Asociación Contra o Cáncer de Redondela en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
As persoas interesadas en informarse ou achegarse ao colectivo poden facelo de xeito presenza todos os mércores de 12.30 a 14.00h no local que está a disposición da Asociación no Multiúsos da Xunqueira.
Traballan xa na cea benéfica anual que terá lugar o 28 deste mes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará