Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco desperdicia unha pena máxima

RR_Noticias

Os de “Gonza” tiveron que conformarse cun empate nun partido sen goles ante o Arenteiro tras fallar un penalti no minuto 93. Félix, que acertara unha pena máxima a semana pasada en Carballo, non puido repetir diana en Santa Mariña. O Arcade estreouse con derrota pola mínima no seu regreso a Primeira Autonómica.

Terceira División
Choco 0-0 Arenteiro
Os redondeláns gozaron de moitas ocasións para adiantarse no marcador, pero non tiveron acerto nos lanzamentos. Lamentárono os afeccionados en Santa Mariña, sobre todo despois do penalti no minuto 93. No comezo do partido, ao Choco custoulle entrar no xogo, nunha nova xornada de calor abafante. O equipo visitante limitouse a defender a súa portaría e agardar algún contragolpe. Despois do descanso os locais sairon máis enchufados, con máis velocidade, o que lles permitiu chegar máis á portaría rival. Sobre todo tras a expulsión de Mitogo, a dez minutos para a conclusión do encontro. E así chegou o penalti. Yago Vázquez profundou por banda dereita pondo un centro para que Cora adiantásese a Portela, e este acabase golpeando ao xogador redondelán. O colexiado sinalou a pena máxima en tempo de desconto, e a bancada choqueira xa celebraba o triunfo. Félix fixo o lanzamento pero Rui Santos adiviñou a súa intención e despexou o balón, evitando a primeira vitoria do novo Choco de Gonzalo Fernández. O Choco tivo que conformarse cun punto, que o deixa na parte baixa da táboa. O domingo visitarán o campo do Laracha, que aínda ten a cero o casilleiro de puntos logo de perder os dous encontros de liga disputados.
Choco: Cortegoso; Davo (Yago Vázquez, min. 62), Miguel Fiuza, Aitor, Jacobo Lazcano; Alberto Suárez, Caloi, Gabi Misa (Comis, min. 56); Gabri (Vilas, min. 73), Cora e Félix.
Arenteiro: Rui; Iago, Maxi, Portela, Ross; Adil (Alberto, min. 68), Cassio, Adrián Padrón (Carlos de Deus, min. 50), Róber (Jaime Noguerol, min. 61); Hugo e Mitogo.
Primeira Autonómica

Arcade 0-1 Atl. Cuntis
O Arcade estreouse con derrota pola mínima no seu regreso a Primeira Autonómica. Xunto co Dena, o Domaio, o Mos, A Guía e o Erizana, foron os únicos que non puntuaron nunha xornada con moitos empates. Na próxima xornada visitan ao Campo Lameiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará