Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Teixeira vive a fin de semana grande de festas no Viso con verbenas e actividades infantís

RR_Noticias

Esta tarde arrancan os actos relixiosos, e na fin de semana o barrio acollerá pasarrúas, verbenas e unha festa para o público miúdo que se celebra o domingo con inchables, pallasos, globoflexia e moita animación. A tirada de fogos de lucería, prevista para esta noite, tivo que ser suspendida por orde da Consellería de Medio Rural polo risco de incendios.

A procesión dende a igrexa parroquial de Santa María do Viso ata a capela do Pereiro no barrio de Tuimil sairá este serán, ás 21.30 horas. Á chegada estaba previsto realizar unha tirada de fogos de lucería, pero tivo que ser suspendida por orde da Xunta de Galicia. O presidente da comisión de festas, Fermín Pintos, lamenta esta decisión xa que entende que na Teixeira “as medidas de seguridade son máximas”. Con todo, o resto de actividades desenvolverase segundo o previsto. Mañá sábado ás 10 da mañá abrirase a capela, e a charanga Vai de Baile, de Gondomar, realizará pasarrúas polo barrio. Pola tarde a música correrá a cargo da Banda de Cornetas e Tambores Ría de Vigo de Beade. Á noite celebrarán unha verbena coas orquestras Trovadores da Coruña e Palladium. O domingo desde as 10 da mañá haberá pasarrúas coa Banda de Música Municipal de Valga. A procesión sairá ás 12, acompañada tamén de músicos locais coas pandereteiras Terra Meiga do Viso e os gaiteiros de Airiños da Peneda. A misa maior será ás 13.00 horas coa posterior procesión e ofrenda floral no cemiterio. Xa no campo das festas, dende as 18.00 horas, os máis pequenos serán os protagonistas coa Festa Infantil, con actividades de balde que inclúen globoflexia, obradoiros, xogos e inchables a cargo de Rivel Animación. Á noite despedirán as festas con Airiños da Peneda e o trío Nostalgias. Rematarán cunha chocolatada con rosca e queimada para todos os asistentes.

Fermín Pintos presidente da comisión de festas
Pintos lamenta a decisión da Consellería de prohibir o lanzamento de fogos de lucería.
Festa Infantil
Os nenos serán os grandes protagonistas na tarde do domingo cunha festa con xogos inchables e animación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará