Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco arranca a temporada de Terceira o domingo en Carballo ante o Bergantiños

RR_Noticias

Comeza a temporada de Terceira Nacional, e os de Gonzalo Fernández “Gonza” estrean a campaña fóra da casa. Será o domingo en Carballo ante o Bergantiños, cando os afeccionados poderán ver o rendemento do novo proxecto redondelán (18:00).

Os trocos foron significativos no Choco, que malia os cambios mantén a súa filosofía de xogo cun fútbol ofensivo. O adestrador, Gonzalo Fernández “Gonza” substitúe no bando a Marcos Montes, agora axudante do seu irmán Jacobo no Coruxo de Segunda B. No club redondelán houbo importantes baixas, malia que se manteñen xogadores da calidade de Alberto Suárez, Caloi, Gabi Misa e Comis. Para o ataque chegan Zamorano, Cora, Gabri Palmás e Kiko Mintegui. Tamén na liña defensiva hai caras novas. Desde o C.D. Choco buscan este ano unha temporada “tranquila” e sumar canto antes os puntos que lle garantan a permanencia. Logo, se existen opcións, meterse na loita polas prazas de promoción de ascenso. A temporada que agora comeza augúrase complicada, baixou o Racing de Ferrol, continúa o Compostela e aparecen dous ascendidos de nivel, como son o Polvorín, filial do Lugo, e o histórico Ourense UD.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará