Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

C.D.Arcade, A Lama, Arcadia E.F. e Atl. Matamá disputarán o XXXIX Trofeo da Ostra

RR_Noticias

O campo municipal do Salgueirón acollerá esta fin de semana o trofeo masculino e feminino da Festa da Ostra. Mentres no campo municipal de Candán se xogará o Trofeo Concello de Soutomaior entre os dous equipos locais.

O trofeo masculino da Festa da Ostra xogarase mañá sábado, 25 de agosto, a partir das 18,00 horas no campo municipal de Salgueirón de Arcade entre o C.D.Arcade e A Lama S.D. O equipo local presentará ante a súa afección as novas fichaxes de cara a próxima tempada, logo do ascenso a Primeira Autonómica. Os xogadores e o técnico, Juan Amoedo, esperan facer unha boa campaña na tempada que se inicia o próximo día 2 de setembro en Arcade contra a Atl. Cuntis. O domingo será a quenda para as mozas do ArcadiaE.F. que disputarán o Trofeo da Ostra contra o Atl.Matamá no mesmo campo ás 20,00 horas. As xogadoras, adestradas por Sergio Santomé, terán tamén que facer un bo papel nesta presentación ante a súa afección xa que a liga que se inicia en poucos días é moi esixente debido ao ascenso a tempada anterior á 1ª categoría galega feminina. As novas fichaxes Diana,Claudia,Cristina e Mirian farán a súa presentación neste famoso e clásico trofeo.
Trofeo Concello de Soutomaior
O domingo 26 a partir das 18,00 horas en Soutomaior, no Campo Municipal de Candán (Graciano Padín) disputarase un clásico deste torneo: C.D.Soutomaior contra o C.D.Arcade. Os dous equipos de fútbol do municipio volven enfrontarse como cada verán. Nesta ocasión o C.D.Soutomaior espera dar a sorpresa xa que conta con novo adestrador e caras novas entre o seu cadro de persoal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará