Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha pasarela metálica permitirá o paso seguro de peóns e cliclistas pola ponte de Xulián

RR_Noticias

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, puxo en valor tamén o acondicionamento da contorna do peto de ánimas de Pasais, un elemento de interese patrimonial. Os traballos, que permitirán completar un itinerario peonil continuo no tramo urbano de Redondela, ascenden a algo máis de 133.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Vigo desprazouse hoxe a Redondela para comprobar o estado do proxecto de construción da senda peonil que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a executar na marxe dereita da estrada PO-250, á altura da ponte de Xulián. O representante autonómico estivo acompañado durante a visita polo alcalde redondelán, Javier Bas, o xefe territorial da Consellería de Infraestruturasda, José Luis Díez, e responsables da empresa que executa as obras. En canto a intervención, detallou que as obras permitirán completar un itinerario peonil continuo no tramo urbano de Redondela “que actualmente se atopa interrompido á altura da ponte de Xulián pola marxe dereita”. Construirase unha pequena pasarela metálica aparellada á ponte existente sobre o río Alvedosa. Esta infraestrutura levarase a cabo na marxe dereita da obra de paso e contará cun ancho mínimo de dous metros “polo que permitirá a circulación de peóns e ciclistas en condicións seguras”. Ademais, prevese o acondicionamento da contorna do peto de ánimas de Pasais, situado ao carón da estrutura actual, mediante o recheo e pavimentación con lousa de granito do contorno, conseguindo “unha zona transitable ao redor deste elemento de interese patrimonial”. As obras previstas comprenden tamén a reposición de firmes, pavimentos e paso de peóns, a drenaxe da senda peonil para evitar na base do cruceiro posibles empozamentos de auga, a sinalización, balizamento e defensas e a reposición dos servizos afectados. Ademais da instalación de iluminación na senda peonil e no cruceiro. A actuación está incluída no Plan de Sendas de Galicia.
Traballos de asfaltado no Camilo do Cocho
Por outra banda esta semana se iniciaron os traballos de asfaltado en camiño do Cocho na parroquia de Cesantes. As obras, que deberían estar rematadas esta semana, consisten no asfaltado de todo o camiño que discurre a carón da vía do tren. Extenderase unha nova capa de rodaxe e ampliarase a superficie de rodadura en 50 cm a cada lado. Tamén se trasladaron os contenedores achegándoos máis ás vivendas nunha nova plataforma que lle outorga máis estabilidade. O importe do proxecto ascende a 60.000 euros, e será financiado a través do Plan de Mellora de Camiños Municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará