Hoxe é Sábado 24 de Outubro de 2020

O S.D. Pazos, na pelexa polo ascenso

RR_Noticias

O equipo de Terceira Division que adestra Fran Amoedo xa está inmerso no traballo de cara á próxima temporada. O plantel sufriu algunhas baixas, pero reforzouse ben con algunhas fichaxes e xogadores da canteira. O técnico asegura que forman un equipo “de moita calidade”. O obxectivo é pelexar polo ascenso e facer un bo papel nos torneos copeiros.

Dende o corpo técnico, que seguirá formado por Fran Amoedo, Jonathan Navarro, Adrián Fermandez , Ramón Miguélez e Fermín Amoedo, buscouse unha liña continuista “debido ao gran rendimento do ano pasado”. O obxectivo era manter o bloque do pasado ano, pero o técnico recoñece que “foi imposible”. As baixas de Marcos Ferreira, Breixo Gutierrez e Eloy Boullosa súplense con importantes incorporacións. Entre as altas están Diego Bouzón xogador da casa que xa o ano pasado adestrou co equipo, Álex Fernández, procedente do Campito FS de Chapela, Álex Monroy, do Juvenil de Ponteareas e Joni Costas, que chega da Serie B italiana. Dende o clube síguese apostando pola base, e os xuvenís Aaron, Guille, Kike, Martín e Anxo comezarán a pretempada co equipo senior, ademais todos eles debutaron xa o ano pasado na Terceira División. Mañá xoves disputarán un amigable en Pontevedra, ante o Leis, no pavillón municipal ás 21.00 horas. Copa Xunta Despois de celebrarse o sorteo de Copa Xunta, os pacenses enfrontaranse ao ADFS Bueu na primeira ronda, o 9 de setembro. De superar aos do Morrazo, poderían enfrontarse ao Portus Apostoli Noia, da Segunda División equipo adestrado polo redondelán Julio Mougán, e que vén de fichar a xogadores de primeira división, entre eles o tamén redondelán Juan Puertas.  

Fran Amoedo adestrador do S.D. Pazos
O técnico confía en pelexar polos postos altos da táboa logo de reforzarse con importantes fichaxes.
Altas e baixas
O equipo reforzouse con novas fichaxes logo de sufrir algunhas baixas importantes.
Aposta pola canteira
A filosofía do club e traballar pola canteira e darlle oportunidade aos rapaces da casa de debutar co primeiro equipo.
Copa Xunta
Mediranse ao Bueu na primeira ronda. De pasar terían como rival ao Noia dos redondeláns Juan Puertas e Julio Mougán.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *