Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pequenos arqueólogos por un día

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente celebra o próximo martes, día 21, unha actividade dirixida ao público infantil na praia de Cesantes. Consiste nunha pequena escavación arqueolóxica de 2 horas de duración adaptada ás idades dos participantes.

Os dous arqueólogos encargados de impartir a actividade explicarán aos rapaces en que consiste unha escavación arqueolóxica, repartiranlle todo o material necesario e distribuirán o “espazo de traballo”. Logo realizarán a escavación e, finalmente, valorarán os “tesouros” atopados. A actividade é de balde, pero precisa de inscrición previa. Poden facelo nos teléfonos 986 400 300 ou 698 142 025, tamén no enderezo electrónico medioambiente@redondela.gal. Con esta actividade o departamento de Medio Ambiente pretende fomentar entre os máis novos o interese polo patrimonio histórico, educar na conservación do medio e do patrimonio, e estimular a curiosidade dos rapaces polo entorno. A actividade tamén fomenta a participación, o traballo en equipo e a igualdade de xénero.
Case 200 nenos participaron nos campamentos de praia
Onte remataron os campamentos de praia en Cesantes e Arealonga. Leváronse a cabo durante un mes, entre o 16 de xullo e o 16 de agosto con case 200 participantes. Actividades como xogos de auga, xinkanas, xogos populares e obradoiros de manualidades fixeron aos rapaces disfrutar da praia dun xeito distinto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará