Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os alumnos do Plan de Emprego melloran a súa formación con prácticas em empresas

RR_Noticias

Os 85 pariticipantes do VII Plan de Emprego recolleron os seus diplomas de formación nas diferentes especialidades que se están a impartir. O Concello asinou 11 convenios con diferentes empresa do entorno para que os participantes teñan tamén prácticas formativas que lles faciliten o acceso ao mercado laboral.

Os 85 parados que participan no VII Plan de Emprego do Concello de Redondela recolleron os diplomas de formación nas diferentes especialidades que se están a impartir. Neste Plan de Emprego firmáronse 11 convenios con diferentes empresa do entorno, e 62 personas xa remataron a formación, o que lles facilita o acceso ao mercado laboral. Os cursos impartidos cun total de 998 horas polo de agora, son os de carretilleiro, manipulador de alimentos, informática avanzada, monitor de tempo libre, atención ao público, repoñeedor e caixeiro, entre outros. A concelleira Carmen Amoedo explica que os bos resultados destes plans de emprego fan o Concello se beneficie “ano tras ano” destes programas financiados pola Consellería de Emprego “xa que sempre cumpre ampliamente co ratio de empregabilidade esixida”. Amoedo destaca que Redondela é agora “o municipio de máis de 10.000 habitantes con menos taxa de paro da provincia de Pontevedra”, recupernado os niveis de emprego de 2.006. Con todo, advirte que “aínda queda moito traballo por facer” e que os resultados “avalan a xestión do goberno local en materia de emprego”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará