Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Deserta a poxa polas barras sen alcol do Entroido

RR_Noticias

Ningún hostaleiro participou na poxa polas trece barras do recinto do Entroido de Verán que este sábado se celebrará en Redondela. A prohibición de vender alcol deixou deserta unha subasta que partía dun prezo de saída de 200 euros. 

A decisión do goberno local de prohibir a venda de alcol na área de concertos e espectáculos dentro da campaña “Redondela 0,0” desanimou aos empresarios da localidade, e ningún se presentou á poxa das 13 barras que se subastaban cun prezo de saída de 200 euros. Desde o Concello explican que se trata dunha decisión adoptada este ano por primeira vez, polo que os hostaleiros teñen dúbidas “de como poderá resultar a facturación”. Ao quedar deserta a poxa o goberno local estuda outras fórmulas para que os asistentes ao evento poidan dispoñer de bebidas. Finalmente un  empresario xestionará unha barra de bebidas sen alcol, onde tamén se servirán bocadillos Neste caso oresponsable desta barra só deberán facer fronte ao pago da taxa por ocupación de espazo público “o que supón un custe moito máis reducido que o da poxa” segundo explican desde o Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará