Ao longo de todo o mes de agosto pode visitarse no Multiúsos da Xunqueira a exposición de debuxos de Carlos Fosca. Nesta mostra non só se presentan debuxos do artista, senón tamén relatos e poemas dedicados a Redondela, así como fotografías antiga.
Carlos Fosca, como fotógrafo profesional, retratou a toda a vila nos tempos nos que era moi custoso posuír unha cámara de fotos. Durante moitos anos foi tamén o encargado de debuxar os bocetos das afamadas alfombras florais das Festas da Coca, ás que sempre estivo moi vencellado.