Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Loito en Vilar e Fornelos pola morte dunha parella nun accidente provocado por un camioneiro

RR_Noticias

A moza, Lidia Figueroa, de 22 anos, será despedida hoxe polos seus achegados ás 16.30 horas no cemiterio de San Martín de Vilar de Infesta. O sinistro tivo lugar nun punto negro da N-I ao seu paso pola provincia de Burgos. O conductor do tráiler invadiu o carril contrario nun tramo de curva. O camioneiro que supostamente provocou a colisión múltiple deu positivo no test de alcoholemia.

A xoven parella, Jonattan Domínguez, de 26 anos, e Lidia Figueroa, de 22, viaxaba a París de vacacións. O tráxico accidente conmocionou a parroquia de Vilar de Infesta, en Redondela, mentres que Jonattan era natural do concello veciño de Fornelos de Montes, localidade tamén consternada pola perda. Ambos pertencen a unhas familias moi coñecidas e queridas, que non deixan de recibir numerosas mostras de condolencia e agarimo. O sinistro tivo lugar nun punto negro da N-I ao seu paso pola localidade burgalesa de Quintanapalla. O chofer do tráiler invadiu o carril contrario nun tramo de curva. A cabeza tractora e o semirremolque fixeron tesoira e envolveron ao Seat Ibiza no que viaxaban, e que circulaba no outro sentido. Caeron por un terraplén e o automóbil quedou baixo o camión. O camioneiro que supostamente provocou a colisión múltiple, no que outras catro persoas resultaron feridas, deu no test de alcoholemia, segundo fontes da Garda Civil. O condutor do tráiler podería enfrontarse a un delito grave de imprudencia con resultado de morte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará