Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Agustín Reguera critica o uso partidista dos incendios por parte do BNG de Soutomaior

RR_Noticias

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, saíu ao paso das declaracións do portavoz nacionalista, Manu Lourenzo, nas que criticaba a política forestal levada a cabo desde o Concello. Unha crítica feita “a destempo e desde o descoñecemento”, segundo o rexedor, quen explica que xa contrataron a elaboración dun Programa de Preveción de Incedios por parte dunha enxeñeira técnica forestal.

Desde o Concello sinalan que está contratada desde hai case dous meses para facer un informe “baseado en estudos obxectivos, realizados sobre o terreo por un profesional cualificado e non por partidos políticos”. Reguera explicou que cando os proxectos estean definidos os levarán á mesa de traballo política, xa que “o que non ten sentido é reunirse sen ter datos fiables”, segundo o alcalde. Reguera responde así ás críticas do edil do BNG Manu Lourenzo, que o acusaba de “irresponsable” por non ter convocado a mesa contra os incendios forestais acordada no pleno. Entre as funcións da técnica forestal está, ademais do plan de prevención, “a implantación e coordinación dun sistema de tramitación para as denuncias por incumprimento, especialmente nas épocas de maior risco”. Reguera apunta que esta incorporación permitiralles ser “máis eficaces e actuar coa suficiente rapidez ante os requirimentos de limpeza non atendidos”. Do mesmo xeito, o edil sinalou que desde o Concello contratouse hai meses a realización dun proxecto GIS coas delimitacións das franxas de protección e cumprir así as obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal. O proxecto recibírono no mes de xullo e agora traballan “para a súa posta en práctica”. O alcalde advirte que o traballo en prevención forestal “é maior que nunca”, e que o irresponsable “é usar o medo os incendios como arma política”. Desde o Concello confían en que en pouco tempo “se noten os resultados na limpeza e control da masa forestal do municipio”. Ese será, afirma Reguera, o primeiro paso cara ao obxectivo real “que é estar mellor preparados contra os incendios e, sobre todo, a tranquilidade dos veciños”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará