Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Máis Kaiak” arranca no Náutico de Arcade con aluguer gratuito de embarcacións

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior e o Club Náutico de Arcade patrocinan a campaña ” Máis Kaiak” pola que poñerán a servizo dos usuarios que o demanden o aluguer de kaiaks a prezos económicos. Hoxe venres celébrase unha xornada de portas abertas con servizo de aluguer de balde.

Nas instalacións do Club Náutico de Arcade poderanse alugar os kaiaks desde o día 3 ao 10 de agosto e desde o 17 ao 21 do mesmo mes. Desde o 11 ao 16 de agosto este servizo atoparase dispoñible na praia fluvial de Comboa. Os horarios serán pola mañá de 11 a 14 horas e pola tarde de 15,30 a 20,30 horas. O prezo é de 2 euros para os empadroados no Concello de Soutomaior e de 5 euros para os restantes usuarios. Hoxe venres 3 de agosto haberá unha xornada de portas abertas e o servizo de aluguer será gratuíto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará