Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sete concertos danlle vida ás prazas de Redondela

RR_Noticias

O Sonoaire encherá de música ao vivo as prazas do casco urbano este venres e sábado. Concertos de proximidade, para todos os públicos, con propostas que van dende o rock o pop ao blues.  O grupo baionés San Rockers será o encargado de inaugurar a segunda edición deste festival este venres ás 20.00 horas na praza de Santiago Apóstol.  Tamén pasarán polo escenario Blue Monk, Bestlife, Blackbirds, La Banda de Mazinger, Green Water e os Cherry Sweet que serán os encargados de pórlle o peche a este festival.  

Sen aglomeracións, nin colas, nin entradas con custe elevado, a proposta desta fin de semana en Redondela pasa polo Sonoaire que cumpre dous anos cunha oferta de sete concertos en formato reducido e apostando polo contacto directo cos músicos. A praza de Santiago, José Figueroa, a da Constitución así como as prazas de Ponteareas  ou Casto Sampedro serán o escenario deste festival que arranca esta tarde, ás 20.00 horas, co grupo baionés San Rockers que encherá dos seus sons a praza de Santiago. Ás 21.30 horas será a quenda de Blue Monk na praza de José Figueroa e a praza da Constitución será o escenario ás 23.00 horas dos ourensáns Bestlife e o seu rock. O sábado serán catro os concertos que comezarán os Blackbirds ás 18.00 horas na praza de Ponteareas, o grupo vigués “La Banda de Mazinger” actuará ás 19.30 horas en Casto Sampedro e Greenwater subirán ao escenario ás 21.15 horas na Praza de José Figueroa. Os encargados de pechar o Sonoaire 2018 será Cherry Sweet ás 23.00 horas na Praza da Constitución. Integrar as actividades musicais na vila con concertos de pequeno tamaño para todos os públicos é o obxectivo deste festival, segundo apunta a concelleira de Cultura, Teresa París, que aspira a converterse nun referente das actividades culturais do verán redondelán.  

Concelleira Cultura Teresa París
Sete concertos en pequeno formato para revitalizar as rúas de Redondela
Festival de proximidade
Aposta por concertos de proximidade para todos os públicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará