Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a Gastón Marfil en Chapela

RR_Noticias

O Campo de Parada, en Chapela, acollerá este domingo un torneo de homenaxe a Gastón Esteban Marfil Benito, xogador xuvenil do club de Chapela falecido. No cuadrangular participarán, ademais do equipo anfitrión, o Gran Peña, Lavadores, Sárdoma e UD. Ribeira.

O club de Chapela C.F. exercerá de organizador da merecida homenaxe ao xogador, falecido por unha enfermidade o pasado mes de abril aos dezasete anos de idade, sendo xogador en activo do equipo xuvenil do Chapela CF. Gastón Marfil tamén militou no Gran Peña, o Lavadores e o Sárdoma, que tamén participarán no torneo, que contará ademais co UD Ribera, todos en categoría xuvenil. O torneo será un cuadrangular con enfrontamentos entre todos os equipos dende as 10:00 ata as 14:20 horas onde se procederá á entrega de trofeos para todos os participantes. Antes do inicio farase unha homenaxe ao xogador en colaboración con todos os equipos e as institucións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará