Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela promove a posta en valor dos muíños da parroquia

RR_Noticias

Un dos integrantes da Asociación de Veciños, o avogado e especialista en temas de sensibilización ambiental e patrimonio etnográfico, Álvaro Diego Fuentes, será o encargado de impartir unha charla este venres ás 20:00 horas no Multiúsos de Piñeiral do Crego baixo o título “Muíños e ríos de Chapela: paraíso baixo o lixo”.

O Colectivo Veciñal quere promover o coñecemento deste importante patrimonio etnográfico existente ao carón do río Pugariño. Ademais do valor que estas construción supoñen por si mesmas contan cun entorno de elevado interese natural, ao atopárense nun espazo no que predomina a vexetación de bosque autóctono e que conta cunhas vistas inmellorables. Un patrimonio cultural, etnográfico e paisaxístico que se ve seriamente afectado pola mala situación dalgúns dos muíños “en perigo de derrube” e, sobre todo, polo comportamento incívico daqueles que non dubidan en depositar o lixo no lugar. De feito, dende a propia Asociación de veciños realizaron recentemente dúas xornadas de limpeza con voluntarios nas que se retiraron importantes cantidades de lixo. Co obxecto de poñer ne valor estes muíños organizan este venres unha charla na que se falará do seu valor na formación da cultura e do folclore galego, do estado que presentan estas construción que atopamos ao carón do Pugariño e se abordarán iniciativas de recuperación realizadas noutros concellos como exemplo de posibles actuacións que favorecerían a conservación do noso patrimonio.  

Álvaro Diego Fuentes avogado AVV Chapela
Unha charla para poñer en valor o patrimonio
Comportamentos incívicos
Unha zona chea de lixo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará