Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os títeres regresan ao baúl

RR_Noticias

O bo tempo foi o principal rival dunha fin de semana marcada polas actividades de rúa e que volvía congregar en Redondela a milleiros de persoas que se achegaron a vila a gozar dos espectáculos dos monicreques. Un programa que arrancaba este domingo cun animado desfile que partía dende o peirao de Cesantes precedido polo submarino dos portugueses Projeto EZ e que rematada co espectáculo de sala “El alma del Pueblo” de Títeres Etcétera. Entremedias 18 espectáculos que se foron alternado nos diferentes espazos habilitados como escenarios.

A praza do Concello, o Salgueiral, a praza da Petanca, a da Casa da Torre, a Alameda, a pista da Xunqueira e, en xeral, todas as rúas da vila, acolleron esta fin de semana numerosas propostas festivas con música, monicreques e dragóns robóticos de estética futurista que causaban sorpresa e incluso medo entre os máis pequenos.
Moita animación enmarcada na programación dun XIX festival Internacional de Títeres que baixa o telón ata o vindeiro ano e que o fai novamente con éxito de participación. Malia competir cunhas xornadas de elevadas temperaturas que levaron a moitos a decantarse pola praia, os espectáculos volveron deixar imaxes de prazas ateigadas de xente que querían vivir a maxia dos títeres.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará