Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior reivindícase como referente cultural da provincia

RR_Noticias

Centos de persoas déronse cita na de reapertura do Castelo na que María Vinyals e o Doutor Lluria cobraron vida propia para conducir o evento que contou coa música de Cómplices. A presidenta da Deputación, Carmela Silva asegurou que con esta musealización da Fortaleza “queremos que Soutomaior sexa o corazón de todas as historias que temos que contar porque na provincia de Pontevedra “Somos historias” e practicamente todas elas cobran vida propia no Castelo”.

Centos de persoas do mundo público, social, económico, cultural, turístico, deportivo e veciñal da provincia se deron cita no evento, no que a través de María Vinyals e o Doutor Lluria, púxose en valor a historia do Castelo xunto ao o variado e singular patrimonio da provincia de Pontevedra.
O acto comezou cunha representación simbólica da sinatura da acta de entrega do Castelo por parte da presidenta provincial, Carmela Silva, da man de Vinyals e Lluria.  Trala sinatura, na porta de acceso ao Castelo, as autoridades e convidados entraron no patio de Armas mentres o dúo musical Cómplices interpretaba pezas musicais en directo.
No patio de Armas proxectouse un vídeo de dous minutos no que se presentaron as actuacións acometidas pola Deputación no recinto, convidando á cidadanía a que o visite e coñeza o proxecto de musealización no que se pon en valor “o legado das Rías Baixas como nunca antes foi contado”.  Amais, Vinyals e Lluria repasaron a historia do Castelo, dende o medievo, pasando polo século XIX, ata o actual proxecto de musealización. Neste eido, a propia Vinyals destacou que o Ben de Interese Cultural conta desde agora con “dez salas, con vídeomapping, proxeccións en 3D, audiovisuais interactivos, reproducións de documentos históricos, xogos e maquetas que recollen a historia do castelo desde o século XII ata a actualidade”.
Esgotadas as prazas para as visitas guiadas das xornadas de portas abertas
A primeira xornada de portas abertas resultou “un éxito absoluto, rexistrándose preto dun millar de persoas, con ata grupos de homes, mulleres e moitos nenos e nenas procedentes de Portugal e Alemaña”, indicou a presidenta provincial. 
Para as vindeiras xornadas de portas abertas, os días 20, 21, 22, 24 e 25 de maio, a Deputación de Pontevedra mantén a visita libre aberta a toda a cidadanía, xa que as prazas para as visitas guiadas están completamente esgotadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará