Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a urbanización da Finca da Ginaria, paso previo para a construción do novo colexio

RR_Noticias

A obra deberá estar rematada nun prazo máximo de cinco meses e foi adxudicada OREA SL (Obras, reformas y saneamiento) por un importe total de 543.416 euros. A actuación contempla a mellora dos accesos á denominada Finca da Ginaria, unha parcela de 34.000 metros cadrados situada no barrio de Cidadelle e na que se ubicará o novo colexio ao que será trasladado o alumnado do Igrexa.

O proxecto de urbanización inclúe os traballos necesarios para que o terreo poida acoller o novo centro educativo e dar servizo a comunidade educativa. Así a zona dotarase dunha rede viaria coas dimensión necesarias para permitir a circulación de coches e autobuses. Concretamente contará cunha calzada de sete metros de ancho e beirarrúas a ambos lados de 2,5 metros. As obras inclúen tamén unha rotonda que facilitará o xiro e zonas de estacionamento. No proxecto inclúense as redes de abastecemento de auga, saneamento e subministro de enerxía eléctrica.
Uns traballos que deberían estar rematados  antes do mes de outubro e que poderían convivir co inicio da construción do colexio, que está en fase de adxudicación e que podería comezar este verán.
O alcalde de Redondela reuníase onte con membros da ANPA do Colexio Igrexa e da Asociación de Afectados pola AP-9 para lles explicar as características dos proxecto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará