Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco remata a liga cun triunfo sobre o líder e o Cesantes ascende a Segunda Autonómica

RR_Noticias

Broche de ouro dos de Marcos Montes para esta temporada, con triunfo en Santiago ante o Compos. O Arcade ascende a Primeira Autonómica ao gañar ao Sampaio e o Cesantes xa é equipo de Segunda Autonómica, logo de impoñerse ao Cotobade. O Chapela comezará a promoción de ascenso o xoves, día 17, ante o Peñasco.

Tereceira División
Compostela 1-2 Choco
O Choco pechou a tempada cunha vitoria de calidade no campo do líder da categoría. Tratábase dun partido de trámite xa que os locais, co liderado asegurado, estaban máis pendentes do sorteo de fase na que buscan o ascenso a Segunda División B. O partido comezou lento, a primeira ocasión foi para os locais, que cun centro de Rubén estivo preto de sorprender a Adrián. Con todo, o primeiro gol que subiu ao marcador sería para o Choco, que se adiantou ao transformar Gabi Misa unha pena máxima tras un lance entre Lucas e Chiqui. Tras o paso por vestiarios, Samu entrou en lugar de Cardeñosa, e a primeira ocasión chegou en botas de Misa desde a frontal, aínda que Lucas detivo o disparo. Aos dez minutos Chiqui finalizaba unha gran xogada batendo a Lucas cun disparo cruzado. 0-2 para o Choco. O Compos, que se resistía a perder, pechou aos redondeláns que mantiñan a súa vantaxe. Finalemente o campión de liga recortou distancias tras un gran gol de Tomás, que poñía o 1-2 definitivo no marcador. Os de Maros Montes finalizan a campaña nunha máis que cómoda novena posición.
Segunda Autonómica

Tomiño 1-1 Choco B
Adiantouse o Tomiño, pero Diego igualou nos minutos finais para o filial, nun partido parello co que o Choco B remata a liga na metade da táboa.
Sampayo 1-2 Arcade
Vitoria de ascenso para o Arcade, que remontou o tanto inicial de Iván, de penalti. David Campos, tamén de penalti, empatou e Bouzón fixo o gol que significou o ascenso a Primeira, grazas tamén á derrota do Moraña en Marín.
Terceira Autonómica

Cotobade 0-2 Cesantes
Gañou o Cesantes e xa é equipo de Segunda. Partido vibrante o vivido entre os dous finalistas da promoción de ascenso. Na primeira metade, o Cotobade tivo un man a man, en botas de Dani, que desbaratou Anxo, porteiro do Cesantes, que doi o mellor do seu equipo. O veterano gardameta do Cesantes fixo posible que o seu equipo chegase con empate a cero ao descanso. O equipo redondelán aproveitou as súas ocasións na segunda metade, cun gola pola escuadra de Adrián, e un de falta directa, marcado por Isaac no tempo de desconto.
Fútbol Sala Terceira División

Campito 7-6 REcecende
Os de Chapela despedirán a liga o póximo sábado no pavillón do Santiago futsal B.
Pazos 7-5 Santa Isabel
Os de Fran Amoedo rematan o campionato ante o Ribeira.
Preferente Sur

Redondela 7-10 Cereixa Gondomar

Os do Val 4-6 Arealonga
Os dous equipos retoman a campetición o xoves 17, co gallo da festividade das Letras Galegas, cando se disputará en Chapela o derbi Arealonga-Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará