Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns propoñen “máis educación na familia” para evitar o consumo de alcol en menores

RR_Noticias

O consumo de alcol por parte de menores é un problema de primeira magnitude do que levan tempo alertando os expertos en sanidade. Para administracións tamén é unha prioridade política. Congreso e Senado presentaron xa a súa proposta para sacar adiante unha nova lei, pero os redondeláns entenden que a única solución está “nas familias e na sociedade”. Piden “un maior control por parte dos pais” e unha sociedade “menos permisiva co alcol”.

As cifras de intoxicacións etílicas e consumo de risco en menores de idade é preocupante. Fai falta máis man dura e así o reclaman os galegos no último Barómetro do Ministerio de Sanidade. Sete de cada dez enquisados en Galicia opinan que a sociedade é “demasiado permisiva” coa venda de alcol a menores. O mesmo opinan os redondeláns Elías e Cuasimara, entenden que para atallar o consumo de alcol en menores é necesario que as autoridades “vixíen e sancionen máis” a venda de bebidas alcólicas a menores de 18 anos. Tamén os redondeláns, ao igual que o conxuto dos galegos, cren que os pais deben exercer maior control sobre os seus fillos. Moisés entende que hai “demasiada permisividade” na sociedade co consumo de alcol, e que as familias “teñen a responsabilidade controral o que fan os menores”. Para Beti o problema vai máis aló do consumo de alcol, xa que se asocia a actos de vandalismo. Denuncia que os menores “se desfasan” e demanda tamén “máis control” por parte dos pais. A comisión parlamentaria encargada de redactar a nova Lei de prevención de consumo de alcol en menores expón prohibir o botellón, máis impostos ao alcol e incrementar as sancións. Pero moitos entende que o endurecemento das multas non resolverá o problema, e que a medida só ten “afán racadatorio”. Satur entende que os menores beben “porque o ven nas súas casas”, e que se necesita máis educación nas familias e na escola. Un terzo dos cidadáns considera que as familias non teñen suficiente información sobre os riscos asociados ao consumo de alcol. Ana tamén defende que coas multas “non se arranxa nada” e que se precisa “máis información e educación” desde as familias, baseada “no respecto e o civismo”. O Ministerio de Sanidade aproveitou a elaboración do Barómetro Sanitario 2017 para sondar á cidadanía en relación ás medidas necesarias para atallar este problema. E os enquisados en Galicia, como no caso de Redondela, descargan boa parte da responsabilidade nas familias. Isto vai na liña do relatorio aprobado na comisión mixta Senado-Congreso na que expoñen sancionar aos pais, mandalos a clases reeducativas cos seus fillos ou clausurar locais que vendan alcol a menores de forma reiterada.

Controlar a venta de alcol a menores
Cuasimara e Elías denuncian que non existe un control riguroso da venta de alcol a menores.
Permisividade social co alcol
Moisés lamenta que exista tanta permisividade ante o consumo de alcol por parte dos menores e advirte que a responsabilidade é dos pais.
Alcol e vandalismo
Aos problemas polo consumo de alcol súmanse o do vandalismo. Beti denuncia que os menores se descontrolan.
Educación nas familias
Para Ana é fundamental que os menores reciban información na casa e tamén educación sobre respecto e civismo.
Sancións con afán recadatorio
Satur entende que endurecer as sancións só ten afán recadatorio. Sinala que a solución está en educar aos rapaces na casa e na escola.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará